A Firma

Firma M&V AbogadosMosquera & Vicente Avogados é un despacho que aspira á excelencia na prestación de servizos xurídicos a nosos clientes grazas ao asesoramento legal de alta calidade. Estamos convencidos de que so o podemos lograr converténdonos en socios estratéxicos dos nosos clientes e apostando pola innovación e o trato personalizado como clave para dar resposta aos retos do presente ca vista posta no futuro.

A elección do Avogado para acompañarnos no noso día a día, ben como empresa nos nosos proxectos e desafíos ou ben como particulares, debe estar rexida por un único criterio: a confianza e profesionalidade no grupo de Avogados que vai tomar a dirección do asunto. Aínda que os nosos avogados están na Coruña, o noso ámbito de actuación esténdese a toda Galicia, podendo tamén ofrecer os nosos servizos no resto de España.

A nosa experiencia, compromiso e profesionalidade aválannos, así como o trato personalizado e exclusivo que dispensamos aos nosos clientes. O noso método de traballo é directo e resolutivo, propoñemos solucións rápidas e eficaces que protexen aos nosos clientes, grazas á experiencia, coñecemento e solvencia dos nosos profesionais.

Un principio fundamental do noso despacho de avogados é situar á vangarda, no referente á continua actualización e formación, aos profesionais do bufete, para adaptarnos ás novidades xurdidas, tanto do propio ordenamento xurídico, a doutrina, e a xurisprudencia; como da praxe e a complexidade da actualidade xurídica.

Mosquera & Vicente Avogados vén prestando servizos de asesoramento xurídico nas distintas áreas de especialización, marcando a diferencia con outros despachos de avogados. O transcurso dos anos, o bo traballo realizado día a día e a atención constante e personalizada ao cliente, fixeron que actualmente o despacho conte cun equipo de Letrados altamente cualificados en cada unha das áreas de especialización.

Abrir chat
1
Hola, ¿en qué podemos ayudarte?
Ola, en que podemos axudarche?